Localización : 9
Enderezo: Rúa Urzaiz, 16, Vigo
Laxeiro na cafetería Goya, conversando co crítico de arte Francisco Pablos. Fotografía: Magar.

A partir dos anos setenta, Laxeiro tiña unha mesa reservada permanentemente na cafetería Goya. Alí almorzaba diariamente un zume de laranxa, café e torradas, despois ía traballar ata as dúas e media, momento no que regresaba para xantar, case sempre peixe, e comezaba a tertulia coas persoas do mundo da arte e da cultura. Ese momento podía alongarse durante horas, nas que falaba, ás veces debuxaba no mantel ou cantaba cancións tradicionais. Aquelas tertulias convertéronse nunha cita ineludible nas tardes culturais da cidade.

gl_ESGalego